O pasado día 10 de maio o alumnado de 1º de EP do noso colexio, presentou o proxecto O COLÁXENO MARIÑO EXTRAÍDO DA ESCAMA DO PEIXE DA RÍA DE ALDÁN, en Galiciencia. Os alumnos  ANTÍA E MARCOS,representando o seu curso fixeron unha excelente presentación, e a pesar de ser os máis cativos de toda a feira, gañaron o  recoñecemento polo bo traballo realizado. Foi sen dúbida, unha gran recompensa para todos /as os alumnos/as de 1 EP. Deixámosvos un pequeno video resumo dun momento da exposición así como o enlace á noticia de prensa no Faro de Vigo que fixeron sobre o noso proxecto.

NOTICIA NO FARO DE VIGO