POR QUE DO REVÉS?

É MOI HABITUAL QUE CANDO FALAMOS DO TRATAMENTO DE RESIDUOS, SEMPRE COMECEMOS POR RECICLAR, DESPOIS REUTILIZAR E POR ÚLTIMO REDUCIR.

SEN EMBARGO,  OS  ESPECIALISTAS DO MEDIO AMBENTE E DA CONTAMINACIÓN, CADA VEZ ESTÁN MAÍS DACORDO EN QUE O PRIMEIRO PASO PARA MANTER O NOSO PLANETA NUN LUGAR SOSTIBLE PARA O PRESENTE E O FUTURO DA HUMANIDADE, E COMEZAR REDUCINDO O CONSUMO DE PRODUCTOS E OBXECTOS INNECESARIOS, É DICIR QUE PODERIAMOS PRESCINDIR DELES.

TRALA REDUCIÓN O MÁIS IMPORTANTE É A REUTILIZACIÓN DE PRODUCTOS QUE PODEN TER OUTROS USOS, E POR FIN RECICLAR CANDO XA ESTAMOS NO DERRADEIRO PROCESO DE UTILIZACIÓN.

POR OUTRO LADO NON NOS DEBEMOS ESQUECER DE REPARAR, ACCIÓN QUE ULTIMAMENTE NOS ESQUECEMOS DE FACER OU ESTA SOCIEDADE DE CONSUMO NOS OBRIGA A MERCAR PORQUE É MÁIS BARATO.

TODOS ESTES CONCEPTOS, IDEAS E COÑECEMENTOS SON OS QUE QUEREMOS TRANSMITIR EO NOSO ALUMNADO DE SEGUNDO, DE AHÍ O TÍTULO DO PROXECTO. EDUCALOS NESTA FORMA DE USO DE RESIDUOS É O QUE DEBEMOS FACER CARA MELLORAR A SÚA VIDA E A DAS PERSOAS QUE LLES RODEA, DE AHÍ A VOSA COLABORACIÓN E APOIO NESTA VIAXE.

COMEZAMOS AMOSANDO OS DIFERENTES CONTENEDORES E EXPLICANDO QUE TIPO DE OOBXECTOS E MATERIAIS DEEMOS DEPOSITAR EN CADA UN DELES.

TODAS AS PARENDIZAXES SE FARÁN NOS TRES IDIOMAS:GALEGO, CASTELÁN E INGLÉS, CO APOIO DO MESTRE CARLOS.

ESTA SEMANA COMEZAMOS POR FACER UNHA PEQUENA MOSTRA DE SEPARACIÓN DOS TRES RESIDUOS MÁSI COMÚNS E ABUNDANTES: PAPEL, VIDRO E PLÁSTICO.

VEREMOS QUE SE NOS OCORRE FACER COS ESTES MATERIAIS E CO O DEBEMOS TRATALOS.

 

INSPECTORES DE RESIDUOS EN ACCIÓN

DEnde  o inicio deste proxecto levamos  a cabo varias accións  medioambientais, encamiñadas en primeiro lugar a informar e concienciar ao nosos alumnado e as súas familias da importancia de reducir o consumo de obxectos, de reutilizalos antes de tiralos ao lixo e reciclalos cando xa non se lle pode dar máis uso.

Comezamos con actividades de información e búsqueda na rede  de como organizar os residuos ; coñecer as cores dos contenedores e obter información de que clase de lixo se pode botar en cada un deles.

Algúns alumnos de 2º de xeito extraescolar participaron nunha actividade de limpeza de plástico do fondo mariño da Ría de Aldán. Ademais de contar as súas experiencias , trouxeron unha camiseta e uns videos moi interesantes.

Outra acción levada a cabo foi a de poñernos en contacto coa empresa Ecoembes, que traballa no tratamento de reciclaxe de papel e plásticos, coa boa sorte de que despois de terlle solicitado recipinetes para reciclar, nos chegaron ao cole cinco amarelos e cinco azuis.

Poderede ver a cara de sorpresa dos nosos nenos cando os viron. A súa tarefa repartilos polo cole e explicarlle aos seus compañeiros como reciclar en cada contenedor. Durante este curso serán os inspectores de reciclaxe, encargados de vixiar que todos os rapaces tiren o refugallo no contenedor correspondenete e de deixar o cole limpo de papeis e plásticos, así como de baldeirar os contenedores todos os venres.

 

COLABORACIÓN NA LIMPEZA DA ENSENADA DE ALDÁN

Como xa comentamos durante o mes de outubro diferentes agrupacións se xuntaron para limpar os fondos da ensenada de Aldán, que coma o restodos fondos mariños está cada vez máis cheo de plásticos e lixo contaminante.

Algúns nenos e nenas de segundo por iniciativa dos seus pais, colaboraron e aprenderon desta
acción de concienciación de non tirar lixo as vías públicas nin por suposto ao noso medio natural,
mar, bosque, prados….

A miña noraboa a estes nenos e as súas familias por tan boa iniciativa!!

Déixo a continuación algunhas imaxes e uns vídeos.

 

LIMPEZA DOS FONDOS MARIÑOS DA ENSENADA DE ALDÁN

El plástico necesita una media de 450 años para lograr su descomposición. Esto implica que desde su invención (en 1860) todavía ningún plástico ha podido eliminarse totalmente.
El 40% del plástico que se consume en el mundo se emplea en la creación de botellas de plástico. En Europa se recicla un 2,5% de las botellas que se generan. Esto implica se gasten 17 millones de barriles de petroleo en la formación de botellas cada año.
Se calcula que en torno a 150000 toneladas de plástico son arrojadas al océano cada año. Del mismo modo, se ha estimado que un millón de animales mueren cada año a causa del plástico que está en mares y océanos.
Si reciclamos una botella de plástico tendríamos energía suficiente para mantener encendida una bombilla durante 6 horas.