Orientación pedagóxica

Orientación Psicopedagóxica

(ver blog de Orientación)

O Departamento de Orientación constitúe un servizo interno, especializado na área da orientación persoal, educativa e profesional que actúa como apoio á actividade desenvolvida no centro docente.
Conformanno (pedagoga, psicóloga, e profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe).

As funcións, son básicamente as seguintes:

• Mellorar a atención á diversidade.
• Desenvolver labores de coordinación e colaboración cos profesionais do centro e con outros servizos do entorno.
• Formular propostas relativas ao Proxecto Educativo e á Programación Xeral Anual.
• Contribuir ao desenvolvemento do plan de orientación académica e profesional e do plan de acción titorial.
• Asesorar ao alumnado e familias.
• Colaborar na prevención e detección temperá de problemas de aprendizaxe
• Realizar a evaluación psicopedagóxica.
O traballo do Departamento de Orientación está dirixido a apoiar a calidade educativa, fomentando actividades que contribúan ao coñecemento, seguemento e orientación do alumnado, dende a dimensión psicopedagóxica.