Educación Secundaria

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA

A finalidade da educación secundaria obrigatoria consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás.
Organización dos cursos da ESO.-

As materias impartidas na ESO son as establecidas no Decreto 133/2007 polo que se regulan as ensinanzas de Secundaria.

En canto as materias optativas, os alumnos e alumnas serán orientados de xeito que escollan aquelas que favorezan a súa educación posterior.

– En terceiro da ESO, das materias ofertadas polo centro, impártese a segunda lingua estranxeira: francés,.
– En cuarto curso, ademais cursan tres materias elixidas : Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Informática.; e complétase o currículo coa materia optativa:, Francés.

Aínda que nalgunhas áreas se traballen de forma máis específica, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, e a educación en valores serán tratadas en todas as materias impartidas.

Asimesmo, traballamos en base ao proxecto TIC co que conta o centro, contando con pantalla dixital, canón e ordenador en todas as aulas da ESO. Ademáis, contaremos co Proxecto Abalar nos dous primeiros cursos da ESO.

Traballamos o tema das intelixencias múltiples nas diferentes materias e eventos do centro, como pode ser a organización de obradoiros, proxectos de aula, festivais, etc.

También disponible en: Español

Go to Top