O día 31 de outubro celébrase o SAMAÍN. Os nenos e nenas de Primeiro de Primaria, fixemos un aproveitamento da temática, para abordar os patróns básicos que traballamos desde o recanto da calma e afianzar destrezas de preescritura e mellora da atención sostida.

Resultou moi divertido, pasámolo xenial, traballamos moi atentos e o mellor….creamos o nosa terrorífica árbore de Samaín ó tempo que cantamos e bailamos todos xuntos ó son das cancións animadas: os esqueletos, pelos tortos….e moitas máis. Pincha no seguinte enlace e poderás ver un breve resumo da actividade.

https://youtu.be/YQxEt1aRRIA