Ideario

1. VALORES DEMOCRÁTICOS

Coñecer e facer propios valores persoais e sociais que favorezan a convivencia democrática e a responsabilidade cidadá.

2. PARTICIPACIÓN

Regular as canles de participación e xestión do centro para garantir unha xestión corresponsable. Facilitar o desenvolvemento de aptitudes e calidades profesionais e persoais de todos os profesores que favorezan a concepción do centro como comunidade corresponsable. Favorecer a participación responsable dos alumnos na comunidade escolar. Potenciar a asociación de pais como medio para canalizar as necesidades e inquedanzas dos seus membros, en estreita colaboración co proxecto educativo do centro.

3. APRENDER A APRENDER

Favorecer a adquisición dunha madurez persoal, desenvolvendo as capacidades intelectuais, afectivas e sociais que lle permitan aprender ao longo da vida de forma autónoma. Potenciar as aprendizaxes significativas, baseadas primordialmente nunha memorización comprensiva e non meramente repetitiva ou mecánica. Ensinar a utilizar os coñecementos e destrezas adquiridos para afrontar os problemas da súa experiencia diaria. Fomentar a asimilación sistemática e crítica da cultura entendida como patrimonio de coñecementos, valores, costumes, crenzas e formas de vida. Coidar a ensinanza de cada materia, poñendo maior énfase nos aspectos instrumentais e buscando o rigor científico para fomentar a capacidade de observación e crítica e a adquisición de hábitos de traballo intelectual. Seleccionar as técnicas máis axeitadas para favorecer a motivación e a actividade. Considerar o esforzo como un medio educativo para o proceso de personalización e socialización.

4. RECOÑECEMENTO DA FUNCIÓN DOCENTE

Proporcionar ao profesorado os medios e condicións que lle permitan desenvolver unha acción educativa de calidade, posibilitando especialmente o traballo en equipo e a súa formación permanente. Promover a acción investigadora do profesorado coa finalidade de mellorar ou modificar a práctica educativa e potenciar, á súa vez, o enriquecemento persoal.

5. LIBERDADE CRISTIÁ E DE CONCIENCIA

Encamiñar toda a actividade académica do Centro de modo que se desenvolva nun clima de diálogo, respecto e aceptación mutua.

6. ESTILO CRISTIÁ

Potenciar os procesos de madurez e desenvolvemento da propia identidade do alumno, buscando unha escala de valores de acordo co modelo de home cristiá. Axudarlle a formular e realizar un proxecto persoal de vida respectando as distintas etapas psicoevolutivas. Fomentar a vivencia cristocéntrica e mariana. Facilitar o crecemento espiritual do profesorado como condición para reflectir na comunidade educativa os valores evanxélicos.

7. DIÁLOGO FE, CULTURA, VIDA

Presentar as distintas disciplinas desde unha visión cristiá que expoña criticamente ciencia e cultura. Organizar curricularmente cada materia de xeito que posibilite ao alumno integrar todos os coñecementos dos distintos campos da ciencia e a cultura para que a persoa se convirta en referente de interpretación de ditas realidades.

8. EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Organizar o grupo-clase de forma que se favoreza a aprendizaxe de todos e cada un dos alumnos .Impulsar a acción titorial, individual e grupal, como instrumento para levar a cabo a orientación educativa e profesional.

9. EDUCACIÓN PERSONALISTA

Desenvolver a liberdade persoal desde o exercicio da aceptación e o dominio dun mesmo en apertura aos demais, tendo como referente o cumprimento do deber .Potenciar os aspectos da racionalidade relacionados coa reflexión e a busca da verdade. Desenvolver o xuízo crítico para apreciar as consecuencias das condutas persoais e o aprezo e discernimento de valores. Recoñecer a vontade como medio esencial do progreso persoal. Potenciar a interioridade como medio para favorecer a educación de persoas profundas. Estimular a relación interpersonal entre educando, protagonista da súa educación, e educador, o cal ha de combinar empatía e autoridade.

10. PEDAGOXÍA INTEGRAL

Priorizar o desenvolvemento harmónico de todas as dimensións do alumno para lograr unha unidade persoal, coa axuda imprescindible da graza. Desenvolver a personalidade do educando en busca dunha madurez humana que tenda á liberdade.

11. AMBIENTE DE FAMILIA

Favorecer un clima que estimule as relacións positivas, coidando os pequenos detalles. Procurar a cohesión da comunidade compartindo os valores e normas que sustentan a nosa tarefa educativa.

También disponible en: Español

Go to Top