Claves da nosa acción educativa

O estilo educativo que nos define  concretámolo  nas claves que explicitamos a continuación:

A persoa do educando como valor absoluto e fin en si mesma.

Nos nosos centros a persoa  convértese en pedra angular de toda a tarefa educadora. De aí  que o noso proceso educativo sexa á vez un proceso de personalización a través do cal se medra en humanidade.

O alumno como protagonista da súa propia educación

Concebimos o proceso de ensinanza-aprendizaxe como un proceso dinámico no que o educando é o protagonista, polo que pretendemos suscitar nel unha resposta positiva e responsable. Ao principio, esta tarefa comeza sendo axudada desde o exterior, é heterónoma; progresivamente o alumno vai logrando independencia no proceso educativo ata adquirir maiores niveis de autonomía.

Os profesores, facilitadores da tarefa, desempeñan un papel insustituíble mediante a axuda ao alumno para gobernarse a si mesmo, respectando a súa liberdade pero motivándoo desde as razóns que impulsan para actuar.
Na nosa proposta educativa a educación “en” e “para” a liberdade  susténtase nos seguintes piares:

    • capacidade de autodominio
    • preocupación polos demais
    • cumprimento do deber.

Estes tres piares  susténtanse á súa vez no cultivo da responsabilidade.

Trátase de motivar ao alumno para que progresivamente vaia asumindo a responsabilidade da súa autoeducación e comprendendo que nesa misión ninguén o pode suplir. Hai que orientalo para que vaia perfilando o seu propio proxecto de vida e para que entenda que ningunha aprendizaxe se logra sen esforzo e, menos aínda, se se trata de aprender a ser persoa.

Enseñar a pensar bien

Ademais dos aspectos instrucionais, base de todo proxecto educativo, o noso busca potenciar outros aspectos relacionados coa racionalidade. Entre eles, é prioritaria a reflexión que ensina a tomar conciencia da trascendencia dos actos que se realizan e das súas consecuencias para si e para os demais; ademais é medio para descubrir e apreciar os valores e base do discernimento dos contravalores. É esencial que a reflexión se acompañe dunha educación para o silencio que facilite ao alumno non só usar a intelixencia, senón escoitar no seu interior.

Por outra parte, é necesaria a formación do xuízo crítico para dar resposta á realidade social sen deixarse manipular por ela; á  vez que fomenta, desde o respecto, a crítica construtiva e conducente á acción.
Pensar ben posibilita a elección e xerarquización dunha escala de valores persoal.

Unha educación centrada na cultura do esforzo

Recoñecemos o esforzo como elemento constitutivo da aprendizaxe e como garantía de progreso persoal. Na nosa sociedade é de enorme importancia que os alumnos tomen conciencia de que o esforzo persoal xenera un alto grao de satisfacción e fainos medrar como persoas.

Se o entusiasmo é motor que impulsa á superación, a medida que saibamos crear un clima de entusiasmo na aula e no centro, estaremos cautivando aos nosos alumnos para que interioricen esta cultura do esforzo.

Unha formación ao servicio dos demais

Unha comunidade educativa que vive en comunión eclesial fai da convivencia a ocasión cotiá para vivir a súa vocación de servizo, desde a conciencia de que a fe é a fonte máis profunda da que se nutre a entrega aos outros.

Nun clima de unidade, todos nos axudamos co exemplo compartindo as alegrías e as dificultades e todo aquilo que nos fai sentirnos membros non só dun mesmo centro, senon dunha “familia” onde somos acollidos e todos nos implicamos responsablemente.

Este clima depende de cada actuación persoal e  foméntase co diálogo, a comprensión e o perdón, buscando sempre a verdade e querendo o ben.

Unha educación que coida dos pequenos detalles, que cultiva a alegría e o entusiasmo, que propicia a participación activa desde unha cohesión en valores e normas, que acepta e respecta a autoridade prepara para insertarse socialmente cunha actitude de servizo en cada acontecemento da vida.

No noso colexio vivir ao servizo dos demais supera os límites do centro para abrirse á transformación do mundo desde os valores do Evanxelio non só mentras dura a etapa escolar, senon, sobre todo, cando remata, de modo que tratamos de preparar persoas que entendan a súa profesión e as súas calidades persoais como bens que deben poñer a disposición do ben común.

También disponible en: Español

Go to Top