O DÍA ∏

De entre todos os días especiais do ano, para os que nos gustan as matemáticas o 14 de marzo é un moi especial, porque é o día internacional de ∏.

A idea orixinal, polo que sabemos, foi de Larry Shaw, un físico estadounidense (aos físicos encántanlles as matemáticas) ao que en 1988 se lle ocorreu celebrar o día do número ∏ o 14 de marzo; sabemos que os americanos escriben 14 de marzo así 3/14, que son as primeiras cifras de este maravilloso número.

O congreso de EEUU en 2009 declarou oficialmente que este día, o 14 de marzo, sería o Día Internacional de ∏. Desde entón, cada ano máis e máis xente nos unimos a celebrar este día para, con ∏ como anfitrión, preparar as matemáticas e gozar delas.

Este ano os alumn@s de 4º da ESO, decidiron preparar unha xinkana de retos matemáticos para o resto do alumnado do cole. Elaboraron enigmas matemáticos clasificados por graos de dificultade: verde (os máis sinxelos), amarelo (os de nivel intermedio) e vermello (os de nivel experto). Foi un xeito de tentar que participasen todos os cursos dende educación primaria ata 4º da ESO.

Podedes ver un vídeo con fotos da preparación e celebración de dito evento.