Letrilandia  é un método fonético que presenta as letras a través dos personaxes dun país de fantasía, Letrilandia.

A introducción comeza coa  chegada ao país das letras, do Señor Estudios, ao que lle chama moito a atención a forma do corpo e como falan os seus habitantes; así que se adican a anotar todo o que observa na súa libreta. Tamén se da de conta de que cando varios habitantes falan á vez, forman palabras.

O país de Letrilandia comprende a aprendizaxe das vocais (familia Real), as consoantes (personaxes con diferentes profesións) e de determinados simbolos e normas gramaticais e de escritura. As razóns son sempre fantásticas, ben para os signos de puntuación segundo o  seu carácter, por exemplo Doña esaxerada que é a exclamación,  ou ben para determinadas normas como escribir as palabras cara a esquerda porque á dereita atópase o País dos  Xigantes que están sempre enfadados, así que as letras nunca se dirixen cara alí.

Fundamentos do método

Principios pedagóxicos

Direccións nas que avanza a aprendizaxe:

– Da  linguaxe oral ao escrito: dos fonemas, da conversación e do diálogo á interpretación do signo escrito (lectura)

– Do coñecido ao descoñecido: das persoas reais ou posibles, a familia, os oficios comúns, o campo, a cidade, á letra.

– Do sinxeloo ao complexo: do fonema á sílaba, desta á palabra e da palabra á frase.

– Do concreto ao abstracto: da personaxe real á letra-símbolo.

  • Permite a globalización e facilita a participación activa: o niño  identifícase cos personaxes, asimila e transfiere as súas conductas, repite as suás conversacións, aporta solución…
  • Fomenta o interés, a atención, a sorpresa e la alegría.
  • Conduce a diferenciación e asociación de fonemas dun xeito natural e progresivo, segundo as leis do contraste e a semellanza: b-v, l-ll, k-c-q…
  • Permite a repetición introducindo un elemento lúdico: como cada letra fala só co seu fonema, cando manteñen conversacións entre letras é a imaxinación do neno a que traduce a conversación segundo a situación plantexada.

 

Esta forma de traballo consegue:

Obxetivos

–    – Aprendizaxe significativo: atraer a atención do neno, que os comprenda e sexan de aplicación inmediata na súa vida.

         – Que sexa o niño o que constrúe a súa propia aprendizaxe, porque se basan na experiencia e a comprobación dos erros.

        – Aprender a aprender: cultiva gran cantidade de aprendizaxes e se lles ensina a aplicalos co descubrimento.

         – Non memoriza, senon  que comprende os cambios de son das letras.

         – O principio de globalización, presente  en todos os contos, e traballa desde o madurativo (esquema corporal, observación, memoria, expresión…) ata a integración no medio natural e social.

Características do método

  • Está comprobado que os niños aprenden con ell de xeito doado  e alegremente, esperando con impaciencia o momento para coñecer a unha letra nova.
  •  É creativo, porque sempre poden incorporarse aventuras, feitos e detalles novos.
  • É madurativo, porque constantemente se traballan os aspectos necesarios e previos é lectura, co fin de que a aprendizaxe sexa consciente e seguro.
  • É un método aplicable ao Segundo Ciclo de Infantil e Primer Ciclo de Primaria, moi axeitado para recuperar dislexias e aplicable a nenos con dificultades de aprendizaxe.
  • Enfrenta ao niño intencionadamente con dificultades comúns para que traballe na súa resolución.
  • Preven os erros de confusión (h-ch, b-v) e globaliza os fonemas conflictivos (k-c-q, j-g…).
  • É axeitado para o seu uso en aulas heteroxéneas, con distintos grados de madurez, pois en todos os casos perfeccionan a lingua oral e exercitan as súas capacidades, e mentras uns poden aprender a leer con facilidade, outros  interesanse por escoitar o conto.
  • Prepara para coñecer as regras ortográficas e permite a interiorización da normativa.
  • Contribúe é correcta lateralización coas referencias é dirección e sentido en que camiñan as letras.
  • Emprega debuxos que resaltan a grafía das letras.
  • Desenvolve o sentido da orde e a imaxinación.
  • Cada personaxe tene unha canción que os nenos aprenden, acompañada de exercicios de psicomotricidade e de xogos que a acompañan.

ANÁLISIS DO MÉTODO

Adecuación aos procesos de lectura e escritura.

A lectoescritura é esencial na sociedade. É importante que desde moi pequenos os nenos sexan motivados e animados a facelo. Anque en idades temperás non podan desenvolver por completo estas capacidades, é aconsellable que se vain familiarizando coa lectura  e que sexan mestres e familias os que cos métodos máis axeitados comecen a andadura.

A lectoescritura comprende a lectura e a escritura. Anque poida parecer que son tarefas similares ou dependentes  unha da outra, escribir e ler son accións independentes e non porque se dea moi bien unha o ten que facer a outra, e ao revés.

Procesos de lectura:

Á hora de realizar unha lectura, podemos facela oral, é dicir, transformar os signos que vemos en linguaxe oral, ou ideovisual, esto é, interpretar os signos que percibimos polos ollos incorporándoos á nosa memoria sen necesidade de verbalizalos. Esta última  trátase dunha lectura máis rápida e máis fluída na que interveñen procesos de comprensión, atención e memoria.

O proceso de lectura comprende unha mestura de habilidades que deben ir desenvolvéndose pouco a pouco.

– Habilidade visual: movimentos oculares, ampliar o campo visual, aprender cómo son as vogais, as sílabas e as palabras, movementos diagonais, exercicios de atención…

– Desarrollo da lingua oral e escrita: aprender vocabulario, ortografía, sintaxe, tipos de oracións…

– Actividades de comprensión: aprender a coñecer a idea principal do texto, facer síntese e resúmenes, ordenar textos…

– Actividades para desenvolver a memoria a curto e a longo plazo.

– Habilidades cognitivas:

– Procesos perceptivos: percepción visual, movemientos oculares (saccánidos e fijaciones) e análise visual.

– Procesos léxicos: recoñecemento de palabras clave.

– Procesos sintácticos das oracións (etiquetas na oracións, división, orde, tipo de oración…)

– Procesos semánticos: significado.

En canto  á escritura, interveñen, ademáis da atención, comprensión e memoria, unha serie de cualidades que fan desta unha aprendizaxe máis lenta e complexo ,que debe iniciarse xa desde pequeños.Está  implicado neste proceso , ademais do anteriormente comentado, o ton muscular, a coordinación, a ubicación espacial e a direccionalidade.

Habilidades que interveñen:

–      Percepción – discriminación visual

–      Correcta integración viso-auditiva

–      Desarrollo das estructuras temporais

–      Memoria auditiva e visual

–      Lateralidade correcta

–      Direccionalidade esquerda- dereita

O desenvolvemento destas habilidades é máis ou menos similar en todos os nenos.

Secuencia de aparición dos trazos

Dous anos: traza os primeros garabatos incontrolados, con barridos horizontalis  e verticalis, husos e elipses. Realiza trazos circulares (curvilíneos) e bucles, sen someterse a un patrón ou modelo.
Tres anos: traza epicicloides e híbridos nos que combina bucles concatenados e con diferente direccionalidade. O garabato é máis controlado e comeza a axustarse a modelos: copia círculos, rectas, ángulos e líñas en zigzag ou onduladas.
Catro anos: traza rectas perpendiculares (cruces), rectas con direccionalidade, cadrados e círculos máos perfeccionados.

Primeiras letras.

Cinco años: consolídadse  o trazado de cadrados e rectángulos; debuxa triángulos; inscribe diagonais.

Son quen de dar forma á letra, pero no teñen interiorizada a traxectoria. Desorientacións de letras e palabras.

Seis anos: logra o trazado de rombos e de líñas sinuosas cruzadas.

Resólvense as dificultades.

Estas son idades orientativas, a meirande parte da rapazada é quen de  realizar os trazos descritos nas idades sinaladas. Pódese afirmar que cando os nenos son capaces de realizar trazos para ambos sentidos, cara a dereita e cara a esquerda, é cando estan preparados para reproducir letras.

 Aspectos que inciden na adquisición da escritura:

–      Físicos (niveis de desarrollo, psicomotricidade fina, movimentos, posición…)

–      Cognitivos (maduración mental)

–      Socioculturais.

Elementos que inciden en la escritura:

–      Postura e hábitos

–      Movimentos gráficos

–      Presión

–      Velocidade

–      Ritmo

O método Letrilandia  adecúase  as pautas sinaladas anteriormente e facilita a aprendizaxe.