Bos días!!

Como sabedes,o 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas; esta semana as nosas paredes do cole estarían adornadas con preciosos debuxos,textos,poemas… adicados o autor de este ano,Ricardo Carvalho Calero. Vos propoñemos que os nosos pequenos e pequenas se aproximen a figura de este grande autor coas actividades que o seminariogalan.org nos ofrece, como cada ano.

Nesta ligazón podedes atopar actividades imprimibles e en liña,clasificadas por idades,nas que os nen@s disfrutarán aprendendo moitas cousas da vida e obra do autor de este ano.

Animádevos a celebrar a semana da nosa lingua,un abrazo para tod@s!