Intelixencias multiples
Intelixencias múltiples
Na Educación Infantil do noso Centro, traballamos coa teoría das intelixencias múltiples de Howard Gardner.
Tendo en conta esta teoría planificamos actividades moi diferentes dirixidas a desenvolver todas as intelixencias cara alcanzar uns obxectivos de aprendizaxe moi conccretos.
Hai que diversificar o tipo de actividades que se realizan na aula (non insistir sò en actividades linguísticas ou matemáticas) para achegar o obxectivo de aprendizaxe aos nenos por diferentes vías.
Para que todos os nenos desenvolvan cada unha das intelixencias hai que ter en conta as súas características:
- Intelixencia lóxico-matemática: relacionada co gusto polas adiviñas, experimentos, clasificación de elementos….
- Intelixencia musical: relacionada co gusto por xogar con cancións, descubrir o ritmo corporal etc.
- Intelixencia lingüístico- verbal: relacionada co gusto por ler, escribir e falar.
- Intelixencia visual- espacial: Garda relación co gusto polas imaxes: debuxar, mirar contos ,pinturas…
- Intelixencia corporal_ cinestésica: rlacionada co gusto por correr, saltar, xogos de movemento, deporte, mímica e linguaxe corporal.
- intelixencia interpersoal:relacionada co gusto por xogos individuais, pensar e reflexionar.
- Intelixencia naturalista: relacionada co gusto polos xogos ao aire libre, a observación, explorar, investigar