II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O noso centro, e por segundo ano consecutivo, participa no concurso de fotografía matemática promovido dende a Consellería de Ensino e Deporte do Concello de Cangas.

O Obxectivo deste concurso é descubrir na vida real e no noso entorno calquera aspecto matemático, sexa xeométrico, gráfico, numérico,….

As fotografías poden facer referencia a calquera contexto real ou simulado, e sempre deben amosar un aspecto relacionado coas matemáticas.

As cinco fotografías seleccionadas por cada categoría e centro expoñeranse na Planta Baixa do Auditorio Municipal de Cangas.