Parque nacional de Yelowstone.

O alumnado de 2º da ESO comezou esta semana a segunda unidade de física e química, na que van aprender moitas cousas relacionadas coa materia e as súas propiedades. A modo introdutorio, estivemos falando do Parque Nacional de Yelowstone, nos Estados Unidos; neste lugar, no inverno podemos atopar fontes termais nas que hai auga nos tres estados.

O que máis abraiou aos alumn@s foi o feito de que baixo este parque atópase dormido o supervolcán Yelowstone, o cal ten unha potencia eruptiva que pode superar ata 100 veces á dun volcán convencional.