Seis alumnos de 2º da ESO lograron chegar a unha final da maior feira científica de Galicia, Galiciencia, concretamente no concurso «Participa no desafío», cuxo lema este ano era «Atrévete coa innovación tecnolóxica». Por mor da pandemia do coronavirus, a final desenvólvese de xeito online. Dos tres grupos finalistas da categoría de secundaria, dous son do noso colexio: «As futuristas» (Andrea Guimeráns, Alicia Menduiña e Carmen Entenza), e «Nós» (Pablo Dasilva, Mateo Hernández e Eric Soliño). PARABÉNS!!!!!