PROXECTOS DE

«ESCOLA EN CAMIÑO»

Premio Audiovisual

O alumnado de 1º da ESO do CPR Sagrada Familia de Aldán (Cangas), con «Sabías que o Camiño de Santiago…?» foi premiado no certame «Escola en Camiño». «Nel, contamos curiosidades do Camiño que aprendemos na excursión a Santiago que fixemos con FARO DE VIGO [o centro gañou un dos premios de poesía noutra edición] e que nos resultaron moi interesantes», explica Antía Fernández Fervenza, unha das alumnas que participaron neste traballo. Para ela, o máis complicado foi «a parte do son debido á ondada», xa que gravaron en localizacións como Cabo Home e a praia de Melide. «O mellor, a satisfacción que sentes cando ves o traballo terminado», comenta.

Obra que lle valeu o premio especial na categoría de Traballo Colaborativo de Escola en Camiño, onde o centro tamén firma o galardón da Categoría Especial polo traballo “Camiño Sustentable”. 

Así as cosas, a iniciativa Escola en Camiño “espertou a curiosidade” dos escolares desde o principio.“Leron partes do Códice Calixtinus ou A Guía do Peregrino, descubrindo a orixe do Camiño, a vida cotiá do peregrino desde a Idade Media e as consecuencias culturais, económicas e sociais que se foron desenvolvendo. Sorprendéronse do seu vestiario, de como os galegos foron os mellores anfitrións, ou de como non só a xente percorreu o Camiño, senón tamén as lendas francesas e occitanas, os romances e a música procedente de máis alá dos Pirineos…”