INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2020/21 

Estimadas familias:

Como xa saberedes polos medios de comunicación, o curso comezará de forma presencial do seguinte xeito:

E. Infantil e E. Primaria :o dia 10 de setembro para 4º e 5º de E. Infantil ( 3 e 4 anos) e 1º, 2º e 3º de E. Primaria . O dia 11de setembro para 6º E. Infantil, e 4º, 5º, 6º de E.Primaria.

ESO:o 23 DE SETEMBRO 1º E 2º, o 24 DE setembro 3º  e o 25 de setembro 4º.

O colexio xa está aplicar o protocolo para a volta presencial: limpeza, desinfección e preparación de aulas.

Confirmamos que haberá servizo de comedor e transporte , seguindo as indicacións establecidas para estes dous servizos.

Durante este curso, non haberá nin talleres gratuitos nin actividades extraescolares co fin de evitar que se misturen os grupos estables de clase.

Queremos sinalar a importancia de que todos os membros da nosa comunidade educativa(alumnado, profesorado ou personal de servizos ) , se tomen a temperatura na casa e, en caso de febre ou calquera outro síntoma compatible co COVID, non se acuda ao centro baixo ningún concepto.

Dacordo co protocolo de adaptación á situación COVID 19, o noso centro aprobou as seguintes medidas ,que deben ser cumplidas no seu conxunto, asi como calquera modificación que xurda ao longo deste curso.

Haberá un protocolo de entradas e saídas ao centro tanto para o alumnado como para súas familias. A entrada ás aulas farase de xeito diferente a como acostumamos, así como tamém haberá variación nos horarios  cara a evitar que o alumnado das diferentes etapas se misturen.

PROTOCOLO PARA O ALUMNADO

Os horarios de entrada e saída aprobados para este curso son os que a continuación de detallan, segundo o acordo de protocolo de actuación do centro:

ENTRADA E. INFANTIL 9:00- 9-05
E. PRIMARIA 8.45- 8:55
ESO 8.45- 8:55

 

SAÍDAS E. INFANTIL 3 anos 14:05
E. INFANTIL 4 ANOS 14:10
E. INFANTIL 5 ANOS 14:15
E. PRIMARIA (1º- 2º- 3º) 14:15
E. PRIMARIA (4º- 5º- 6º 14:20
ESO 14:25

 

A porta de entrada e saída  para cada etapa serán:

E. INFANTIL / E. PRIMARIA PORTA DO PATIO CUBERTO
ESO PORTA LATERAL DO EDIFICIO

 

PROTOCOLO E. INFANTIL

  • O alumnado de E. Infantil conformarán cada un deles grupos estables de convivencia.
  • O seu espazo de entrada e saída , corresponderase co asignado e marcado en cursos anteriores.
  • Só poderán estar acompañados por un membro da familia ou representante, que abandonará o espazo en canto sexa posible.
  • A poder ser ,non se debe chegar antes do horario indicado(9:00- 9:05)
  • No caso das familias que teñan fillos nas diferentes etapas, esperarán a que chegue o mestre ou mestra de Infantil correspondente, ou persoa de garda ,para poder deixalos no seu espazo.
  • Os pais non poden quedar nin no espazo marcado nin no centro, máis tempo do necesario, con fin de evitar aglomeracións, sempre gardando a distancia e uso obrigatorio de máscara .
  • Excepcionalmente o 1º día de clase un membro da familia poderá acompañar ata o interior do centro ao alumnado de 3 anos.
  • O uso de máscara entre 3 a 6 anos é recomendable pero non obrigatoria segundo a normativa vixente. No caso de usala deben ter unha bolsa para gardala e outra de reposto.Sería aconsellable que estiveran marcadas co seu nome.

PROTOCOLO E. PRIMARIA

  • O alumnado de E. Primaria formarán grupos estables de convivencia.
  • Haberá un espazo delimitado para cada nivel non podendo misturarse entre eles en ningún momento.
  • A entrada será pola porta do patio cuberto,e no horario indicado, evitando, se é posible, estar antes da hora marcada.
  • O uso da máscara, según a normativa vixente, é obrigatoria.Deben ter un bolsa onde gardala e ter outra de reposto.
  • Para entrar na aula teñen que esperar polo mestre ou mestra correspondente e no espazo indicado. Se algún alumno/a se retrasara entraría directamente na aula.
  • Non poderán xogar nin na entrada nin na saída en ningún lugar do recinto escolar, e esperarán no seu espazo para ser recollidos por un membro da familia ou representante.

PROTOCOLO ESO

  • O alumnado da ESO entrará directamente na súa aula pola porta e hora marcada.
  • Nos corredores haberá un mestre ou mestra de garda para coidar que cumplan as distancias e medidas de hixiene e controlar  a circulación e o establecemento dos grupos
  • Deben usar máscara, según a normativa vixente, de xeito obrigatorio, tendo unha bolsa onde gardala e outra máscara de reposto.
  • En ningún momento se poderán mesturar , e se moverán polo centro gardado as medidas recomendadas e as indicacións visuais marcadas.

PROTOCOLO PARA  AS FAMILIA

  • O alumnado sómente pode estar acompañado por un membro ou representante familiar.
  • Non poderán permanecer no recinto máis tempo do necesario evitando agrupamentos e gardando as distancias de seguridade e hixiene.
  • Só poden ocupar o espazo indicado para eles, que será no exterior do patio cuberto,lugar onde recollerán os seus fillos/as, intentando facelo o máis  axiña posible e gardando as normas de seguridade.
  • Non poden deixar xogar os seus fillos en ningún lugar do recinto escolar nin nas entradas nin nas saídas.
  • Deben facer uso da máscara tal e como indica a normativa vixente.
  • No caso de ter fillos nas diferentes etapas , con diferentes horarios, permanecerase na zona marcada a espera de que chegue algún mestre ou mestra de Infantil ou representante da comunidad educativa , para entregar o alumno/a.

O feito de crear grupos de convivencia estables e de cumprir as medidas sanitarias e educativas vixentes, axudará no máximo posible ,a protexer e prever a posibilidade de contaxio.

Esperamos da  responsabilidade de todos os membros integrantes da nosa comunidade educativa.

Un  saúdo

A dirección  e o profesorado.