Hola! os nenos e nenas de 3 anos seguimos coas nosas actividades de outono.

Para poder coller un lapis,temos que traballar moito a nosa motricidade fina, e que mellor maneira de exercitarla que debullando millo. Na asamblea, observamos moi ben como é o millo,cómo se pranta e para qué serve… (moitos de nós non sabiamos o que era) pero o que máis nos gustou, foi debullar. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!