Sagrada Familia de Aldán

Información

CPR Sagrada Familia de Aldán

O noso centro está situado en Aldán, parroquia que forma parte do Concello de Cangas do Morrazo, na provincia de Pontevedra.
Á beira dunha das praias que bañan a ría de Aldán, é unha zona privilexiada para o desenvolvemento educativo dos nosos alumnos e alumnas nun entorno natural e cultural enriquecedor. A súa ubicación, a 30 Km das cidades de Vigo e Pontevedra, ofrécenos a posibilidade de poder visitalas con comodidade  a fin de realizar diversas actividades.

Dirección: Avda/ José Graña,44 Espiñeira Aldán. Cangas de Morrazo (Pontevedra)

Teléfono: 986 329 575

Fax: 986 328 219

Mail: cpr.sagrada.familia.cangas@edu.xunta.es

Horario: De luns a venres pola mañá de 9,30 h. a 13,00h.