CREACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DA INFANCIA

O día 16 de novembro constituíuse o Consello Municipal da Infancia no Salón de Plenos do Concello.
Iria Martínez Portas de 6º de E.P. e Mateo Hernández Costas de 5º de E.P. serán os representantes este curso polo noso centro.
Parabéns e grazas pola súa participación neste pleno, que ten entre os seus obxectivos:
– Sensibilizar a responsabilidade do mundo dos adultos nas súas vidas.
– A atención á infancia a distintos niveis.
– A solidariedade internacional.
– O fomento do xogo, do exercicio físico e do deporte.
– Aprender a respectar ós demais.
– Aprender para poder participar nas decisións que se tomen no ámbito escolar e social.
Aquí tedes unhas fotos deste día tan especial para todo o alumnado, pero sobre todo para os alumnos de 5º e 6º de primaria, que serán os responsables de aportar as súas propostas a través dos seus representantes.

También disponible en: Español