Como estamos a estudar os animais, os nenos  e nenas de 3º de Primaria, fixemos unha saída pola contorna na procura  de animais para poder facer distintos tipos de clasificacións. O máis difícil foi atopar vermes, pero voltamos cunha listaxe ben grande deles.