O alumnado de E. Infantil e 2º de E. primaria participaron no programa vida saúdable organizado polo Sergas, cara fomentar nos máis cativos unha alimentación equilibrada.

O obxetivo é que eles mesmos coñezan todo o proceso dun prato feito con alimentos sans e nutritivos, dende facer a compra nas tendas da aldea , pasando polo proceso de preparación e elaboración e finalmente a degustación tralo cociñado.

Consideramos unha experiencia positiva para a aprendizaxe de actitudes a favor dunha boa alimentación e da importancia de tomar productos frescos e variados , facendo un especial fincape na inxesta de froitas e vexetais.

OS MÁIS PEQUENOS DO COLE PREPARARON UNHA ENSALADA RIQUÍSIMA MOI VARIADA E OS NENOS E NENAS DE 2º ATÚN VERMELLO CON QUINOA E VERDURIÑAS.

Anque as moitas secuencias divertidas e interesantes, tivemos que adecuarnos a duración dun vídeo de dous minutos, para poder participar no certame de CHEFS SAÚDABLES.

certame menu saudable 2º E.P