2º PREMIO: «O Portal nunha Casa Patín de Cangas» e
3º PREMIO: «Selfie na Caracola de Cabo Home»

Os alumno/as de 2º curso da ESO, durante o primeiro trimestre,traballamos en grupo na confección de beléns artesanais para participar no Certame de Beléns do Concello de Cangas. Ademáis, estes traballos estarían relacionados coa temática do proxecto «Ruando por Cangas» que estamos desenvolvendo durante este curso na ESO.

Así que logo de poñer en práctica nosa imaxinación, apostamos polos seguintes cinco temas: «Nacemento no Obelisco de Rodeira», «Nadal na Capela do Hospital», «Selfie na Caracola de Cabo Home», «O Portal nunha casa patín de Cangas» e «Nacemento no Facho de Donón».

Os grupos de traballo estaban formados por cinco compoñentes, onde cada un de nós aportou as súas mellores calidades e capacidades ao seu equipo.

Os resultados foron os seguintes: