Benvidos ó blog de Primero de Primaria. Un espazo onde amosaremos os traballos e experiencias do noso alumnado. Pero sobre todo, un espazo, onde a EMPATÍA E A CONEXIÓN que establecemos no grupo-clase, mestra e alumnos, vai máis aló da aprendizaxe de contidos curriculares. A nosa aula será o noso recuncho especial, na que xuntos medraremos como persoas, COMPARTIREMOS sentimentos e nos EMOCIONAREMOS en equipo. Porque somos un EQUIPO, un equipo que que medrará apostando por acadar unha verdadeira atención á DIVERSIDADE, nun ambiente inclusivo e tolerante, adecuado a tódolos ritmos, aproveitando

todos os potenciais e, por suposto, RESPECTANDO a cada persoa como única, irrepetible e especial.

“Por un ano cheo de grandes momentos”