Esta semana, empezamos a traballar a temática do outono, así que…. que mellor forma que utilizando os distintos elementos que temos ó noso alcance para aplicalo ó noso día a día nas matemáticas. Con follas de carballo, bidueiro,piñeiro, eucalipto, carozos… e os froitos que obtemos desas árbores, imos inventar historias onde fagamos deduccións de suma e resta. A base pictórica é un apoio importante para entender, inventar e resolver problemas matemáticos. Neste caso o levamos a  contextos reais, empregando todo os elementos que teremos ó noso alcance.

Formamos catro equipos, en cada equipo asignamos un portavoz e un secretario. Entre tódolos membros do equipo deberían inventar un problema de sumar e restar. O secretario escribía o problema e o portavoz despois sería o encargado de expor a historia matemática diante do resto dos compañeiros.

Aquí amosamos un breve resumo da actividade onde se observa ós nenos/as de primeiro.