En primeiro nos gusta interiorizar novos aprendizaxes curriculares e adquirir maior destreza nas tarefas instrumentais de lectura, escritura e cálculo. Pero unha das cousas que máis lles agrada ós cativos de primeiro , é poder adicar un espazo do seu tempo a traballar a partir dos seus propios centros de interese. Esta forma de traballar implica a búsqueda de información, organización e estructuración da tarefa e saber interiorizar e sintetizar os contidos adquiridos para levalos a experiencia persoal dunha forma autónoma.

Nesta ocasión a temática elexida foi os tipos de embarcacións, partes da mesma, océanos polos que navegan…e o mellor de todo, poder rematar creando as nosas propias embarcacións como verdadeiros inxeñeiros e diseñadores.