Seguimos traballando e ampliando coñecementos co  programa de enriquecemento que se atopa a desenvolver o alumnado de Primeiro de Primaria. Nesta ocasión visitamos a fábrica de conxelados MARAVILLA en Vigo para coñecer de primeira man o proceso de elaboración e envasado do peixe, pulpo…así como aprender a diseñar a nosa propia pegatina para o envasado do noso coláxeno mariño. Fomos en transporte público e máis en barco. Unha experiencia única e que sen dúbida os nosos cativos non esquecerán. Estamos tremendamente agradecidos polo trato e cariño que recibimos de todo o persoal de MARAVILLA. MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO

!!!